O proxecto " Lendo o monte " ten a intención de informar, mediante a colocación de códigos QR nos puntos singulares do noso monte, e así aprender a ler a natureza que nos rodea interpretando o que pasou o que é e o que será. Estes espazos QR irán en aumento segundo avance o proxecto. 

Preténdese que os usuarios e visitantes do monte poidan saír del cunha visión máis global e entretida, comprendendo os traballos e evolucións que se están a levar a cabo no mesmo. 

Así e mediante a lectura do QR que hai no monte poderase ter acceso directo a esta web e polo tanto a toda a información da parroquia e do monte.

Tés dous xeitos de chegar a toda a información e aos puntos de interese do monte. Podes facelo a través da Web e co xeolocalizador buscar as rutas de acceso, ou si xa estás no monte, simplemente colocas o teu móbil no codigo Qr que atopes e entras na web, onde terás a información do proxecto no que estás físicamente nese momento e logo enlazate con todo o que queiras no monte, guiándote ata eles.

Anímate e coñece o monte dende dentro!

Información do proxecto (pdf)