Proxecto Casa Reitoral QR12
Construción de planta en forma de L irregular, realizada con muros de cachotería e encintado, con cuberta a dúas augas en tella plana e con limas en tella curva. Construción con dous andares con pequenos vans de forma rectangular nos seus paramentos.
Pechando o conxunto un muro de cachotería con acceso mediante un oco adintelado e coroado por unha cruz de sección rectangular, aparecendo no remate superior do muro almenas ós lados da cruz.
A Casa Forestal e da Veciñanza.
No ano 2014 a Comunidade de Montes de Vincios adquiriu esta propiedade para uso e goce dos veciños, convertindo unha propiedade privada nun ben de uso social da parroquia asociado ao mesmo tempo ao gran recurso natural que é o Monte Galiñeiro e os propios Montes Veciñais de Vincios.
Actualmente precisa dunha rehabilitación integral, para a cal xa se están a solicitar os permisos pertinentes, e así, poder levar a cabo o proxecto chamado " Casa Forestal e da Veciñanza" que pretende ser un elemento dinamizador da Parroquia e conexionar o monte físico coa cidadanía en xeral. Será un espazo de encontro, cultural e de formación.
Máis detalles do proxecto
Padriño
Fotos do proxecto

Casa Rectoral

Casa Rectoral

Casa Rectoral

Casa Rectoral

Casa Rectoral

Casa Rectoral

Casa Rectoral
Contacta con nós!
Casa Reitoral QR12