ÁREA DE ESCALADA QR 14
Proxecto Vincios Verde
QR14
LA BURRADITA

Proxecto ÁREA DE ESCALADA QR 14

Neste espazo, a carón do poste co sinaliza co código QR, podemos atopar unha fonte que mana auga sen tratar, saíndo  directamente dos olleiros dos cumios do Galiñeiro. Uns 50 metros cara o leste, seguindo un carreiro con subida pronunciada, atopamos o histórico refuxio, moi necesario, ainda que hoxe en día semelle incrible, cando chegar o Galiñeiro era unha aventura por pistas nas que non era doado subir en coche e a xente facíao camiñando dende a Pasaxe.  A xestión do refuxio está a ser levada polo club Montañeiros Celtas. Outros clbs como Montañeiros Alud e Club Peña Trevinca, son asíduos colaboradores, e seríamos inxustos se non recoñecesemos a implicación da gran maioría dos montañeiros co noso monte. O longo de estes anos e sobre todo depois do lume colaboraron estes tres clubs en labouras de reforestación e retirada de eucaliptos e acacias do noso monte.

Outros 50 metros máis arriba atópanse as diferentes zonas de escalada con moitas vías abertas e que son escola e mantemento de moitos escaladores e escaladoras, non só da comarca se non de moitos lugares da península e de Europa. Podemos decir que o Galiñeiro é unha das prazas consagradas da escalada a nivel internacional.

A rocha do Galiñeiro tanto polos aspectos técnicos como pola dificultade, fai a súa escalada moi atractiva

A rocha do Galiñeiro, de características únicas no Noroeste Peninsular, presenta unha actividade de gran interese tanto polos aspectos técnicos como pola dificultade, o que fai a súa escalada moi atractiva.
UN POUCO DE HISTORIA
A principios do século XX chega a Península a practica da escalada e montañismo como un fenómeno lúdico e deportivo que en Europa facía furor dende a metade do século XIX. En Galicia as primeiras vías de escalada que contan coa debida documentación datan do 1940 e precisamente están no monte Galiñeiro. Antes de esta data xa hai testemuñas da práctica da escalada e da técnica de rappel dende os anos vinte, mais non quedan testemuñas que poidamos acreditar con coñecemento. Entre os primeiros nomes que aparecen vinculados ao Galiñeiro están o de Serrano e os dos irmáns Antonio e Constancio Veiga. Posteriormente, nos anos 60 e 70 destacan os de Ramon Melón, Alfaia e Fariñas. A partir de entón aparecen sucesivas xeracións ata os nosos días e como principais aperturistas están os irmáns Suarez, Dourado, M. Davila, Ocaña e Guimarei.
Eran tempos no que empezaban a forzarse en libre vías que ata ese momento facíanse en artificial, pero realmente a época dourada da escalada no Galiñeiro empeza a partir dos anos 80, cando as melloras de material e as novas técnicas de progresión coincidindo co que hoxe chamamos escalada deportiva, deron un pulo ao Galiñeiro que se mantén ate os nosos días. Os nomes de Miguel Seoane, J.Villar, Joaquín Carril, Arocas encabezan unha larga lista de aperturistas e instaladores.
A partir dos anos 90 unha iniciativa do comité técnico da Federación Galega de Montañismo desenvolvida por Miguel Seoane, acondiciona e reequipa practicamente a totalidade das vías abertas ata aquel momento, nun traballo excepcional, que fixo do Galiñeiro o punto mais importante da escalada deportiva de Galicia.
Hoxe en día ese control de seguridade segue a manterse polo colectivo de escaladores.
Nestes últimos anos, a limpeza do mato na ladeira oeste deixou ao descuberto unha serie de rochas, non moi altas, mais ideais para a práctica da escalada de bloque e boulder, escalada na que non é preciso arneses nin cordas xa que non se sube a moita altura e onde a protección cóbrese coa colocación por parte do escalador e do colchón que amortecen a posible caída ao chan. É unha escalada que non deixa ningún tipo de residuo nin material instalado na rocha, deixando totalmente limpo o monte a nosa marcha.
Todos estes factores unidos ao escenario único de agreste beleza permiten que O Galiñeiro, cunha da escalada en Galicia, siga ser hoxe en día, e sen lugar a dúbidas, a escola de escalada deportiva máis concorrida tanto de Galicia como do norte de Portugal.

Cartografías Sensibles

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?