AUGA DA LAXE QR 3
Proxecto Vincios Verde

Proxecto AUGA DA LAXE QR 3

Estamos ante un dos espazos máis importantes de Galicia dende o punto de vista arqueolóxico, e dentro do noso monte é unha área  que ten a capacidade de aglutinar varios valores e servizos do ecosistema moi importantes, que son:

O conxunto de petróglifos de armas máis importantes de Europa. 

Varias mámoas.

O curro dos cabalos salvaxes do Galiñeiro.

6 hectáreas de árbores frondosas.

Sumidoiro de Co2 rexistrado no MITECO.  

Pasteiros de gando

 

As actuacións feitas tras o lume do ano 2017 foron:

Corta das madeiras queimadas de eucalipto e piñeiro.

Eliminación do eucalipto rexenerado de semente mediante accións de voluntariado. AS CATAS FEITAS PARA O CONTROL DO REXENERADO POR SEMENTE DO EUCALIPTO TRAS OS LUMES DERON COMO RESULTADO A XERMINACIÓN DE 80-100 PLANTAS DE EUCALIPTO POR METRO CADRADO.

Potenciación das frondosas autóctonas, como os carballos, castiñeiros, freixos ou érbedos, son algunhas das especies actuais.

Retirada en varias ocasións dos eucaliptos que brotan de cepa.

REXISTRO COMO SUMIDOIRO DE CO2 NO MITECO.

Corta a matarrasa de catro hectáreas de eucalipto co fin de preservar a zona arqueolóxica.

O futuro deste espazo debe ser un gran parque arqueolóxico e de lecer.

Fotos do proxecto