Proxecto BOSQUE DA VECIÑANZA. PROXECTO CARREÑA. QR 13
Recuperación da froiteira autóctona coñecida na parroquia como carreñeira con froita chamada carreña. Sendo esta unha variedade de prunus. O seu froito é unha ameixa de cor negra-viñosa, aínda que tamén aparecen exemplares brancas.
Inicialmente a intención non é ter unha produción para a súa venda, o obxectivo principal é a recuperación dun espazo e que estea para consumo dos e das veciñas.
A carreña é unha froiteira moi apreciada pola veciñanza da parroquia polas súas cualidades. Hoxe en día é unha especie habitual nas leiras pero vai a menos dun xeito claro. Aproveitando eses pés existentes nas casas, e coa colaboración dos veciños fíxose esta plantación que xa está implantada en algo menos dunha hectárea e con espazo para crecer ata as catro se a presión do gando o permite.
O novo trazado do PRG 1, (o primeiro sendeiro homologado de Galicia de pequeno percorrido) discorre nun tramo polo medio de dita plantación o que lle permitirá aos visitantes gozar dos froitos.
Máis detalles do proxecto
- Superficie total: 4 HAS
- Fases de plantación: 4 fases de 1 HA cada unha
- Marco de plantación: 7x7M
- Ano de inicio: 2021
- Ano fin da plantación: 2024
- Orixe da planta: Aportación dos veciños e veciñas das súas leiras
AVV Galiñeiro de Vincios. Xunta Reitora CM de Vincios. Veciños de Vincios.
Padriño
Contacta con nós!
BOSQUE DA VECIÑANZA. PROXECTO CARREÑA. QR 13

Detalles do proxecto