Proxecto Control de pragas e enfermidades.
As enfermidades e pragas sempre existiron ao longo da historia. Nos derradeiros anos, e como resultado dos cambios que se están a producir no clima, a globalización nas transaccións comerciais, e a alteración dos ecosistemas, están a xerar unha serie de desaxustes que permiten a proliferación de enfermidades ou pragas que noutros tempos ou non existían ou estaban de xeito controlado e equilibrado no medio.
Ata hoxe podemos constatar que no que se refire ás masas vexetais do noso monte, atopámonos con escolítidos, banda vermella, procesionaria e posiblemente nemátodo que atacan ao piñeiro, avispilla que ataca ao castiñeiro, antracnose, erinose e varios fungos ás nogueiras, cerdeiras e carballos, gonypterus ao eucalipto, etc etc
O uso de produtos químicos para o control das diferentes pragas ou enfermidades das árbores sempre é o último recurso no tratamentos das masas forestais do noso monte. Algúns exemplos :
- A Banda vermella que presenta o rexenerado de piñeiro, prodúcese por fungos e é favorecida polo aumento da temperatura acompañada da humidade ambiental no verán. Estase a intentar controlar con labouras de silvicultura, obtendo de momento resultados satisfatorios.
- Avispilla do castiñeiro( Dryocosmus kuriphilus), insecto que no seu estado larvario principalmente causa importantes danos nas árbores, e cunha incidencia baixa no noso monte. Inténtase controlar a través da solta do seu parasito natural o Torymus sinensis, froito dunha colaboración coa empresa Fauna Útil.
- Fungos nas nogueiras. Producen defoliación e chegan a secar a parte aérea da planta, obrigando a botar abrochos que volven secar e así unha vaga tras outra ata a morte da planta. Para evitalo trátanse con cobre mediante sulfatado foliar, ao pé e o chan próximo a planta. A erinose(ácaros que sitúanse no envés das follas creando colonias) é algo habitual nás nogueiras, que debe estar controlado, pero normalmente non causa graves estragos nás plantas. O seu tratamento é con aceite de parafina.
- A procesionaria do piñeiro e unha bolboreta que nos seus estadíos larvarios defolia o piñeiro, e, en casos graves, pode chegar a secalo. Trátase coa retirada dos niños, e no noso monte neste momento non presenta ataques severos.
Máis detalles do proxecto
Padriño
Fotos do proxecto

GALLAS DA AVISPILLA

SOLTA DE TOMYCUS

BUSQUEDA DE GALLAS

TOMYCUS ANTES DA SOLTA

ACÍCULAS AFECTADAS BANDA VERMELLA

AGUSTIN BLON.SANIDADE VEXETAL

Control de pragas e enfermidades.