SEQUOIAS DA FRAGA QR 5
Proxecto Vincios Verde
SEQUOIAS DA FRAGA QR 5
SEQUOIAS DA FRAGA QR 5
SEQUOIAS DA FRAGA QR 5
SEQUOIAS DA FRAGA QR 5

Proxecto SEQUOIAS DA FRAGA QR 5

Esta plantación de sequoias está localizada no lugar das Devesas Vellas na Fraga e foi feita no ano 2020 nunha superficie inicial de 6 hectáreas, que tras o peche perimetral feito no ano 2021 pasaron a 5.5 has.

A especie plantada é a Sequoia sempervirens, en plantón con conteedor de 40 cm de alto. O marco de plantación é de 6 x 6 metros.

Xusto despois de rematar a plantación, en xanerio do 2021, produciuse unha xeada pouco habitual, de máis de dúas semanas de duración, que provocou secas na planta, xa que esta estaba aínda sen adaptar o medio. Por outro lado, e dado que a plantación inicalmente non estaba pechada, a acción do gando caprino e bobino mermou a planta en case un 50%. Afortunadamente e grazas ao carácter forte da especie están recuperándose a un ritmo lento unha parte importante da plantas. A finais do ano 2022, farase unha análise da súa situación e valorarase a substitución de planta ou reposición de marras, se fose preciso.

Se seguimos a plantación das sequoias deixando o peche a man esquerda, baixamos dirección á Fraga, (o lugar máis afastado do centro de Gondomar que perteñece á parroquia de Vincios ), atoparemos un rexenerado natural de carballos que semanteñen firmemente e son testemuñas do que foran as fragas existentes en tempos.

 

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?

Fotos do proxecto