A vexetación en xeral é unha captadora de CO2 a través da función da Fotosíntese. Dende que apareceron en escena o Protocolo de Kyoto e as Conferencias das Partes entre outros, estanse a cuantificar as toneladas de CO2 que absorben as plantas, facendo rexistros como o do Ministerio de Transición Ecolóxica, que cumprindo unha serie de requisitos permite a comunidades como a nosa formar parte do mesmo.

Seguindo esta liña, a Comunidade de Montes de Vincios ten neste momento ( abril do ano 2022) tres proxectos de absorción rexistrados e un máis en proceso de tramitación. Este rexistro é un paso máis para lograr a cuantificación dos servizos do ecosistema que o noso monte aporta á sociedade.