SOUTO DE MONTECALVO QR 8
Proxecto Vincios Verde
SOUTO DE MONTECALVO QR 8

Proxecto SOUTO DE MONTECALVO QR 8

O QR 8, que corresponde ao Souto de Montecalvo, está situado nun cruce de camiños que levan a el. Neste cruce de camiños debemos seguir 150 metros dirección noreste pola pista e imolo atopar á dereira da mesma mergullado nun mar de varas de eucaliptos de xerminación tralo lume de 2017. A dereita do Qr podemos atopar unha pista ascendente que nos leva a repobacoión de piñeiros de Monte Calvo, dende a cal temos unhas vistas espectaculares do Galiñeiro e do val de Vincios.

Na outra beira da estrada PO-331 atópase este souto que conta cunha superficie total de 5 has. Esta plantación estivo encadrada nunha gran repoboación de máis de 25 has das que o lume non deixou case nada. Antes de chegar a el, atopámonos cunha plantación de piñeiro pais do ano 98, e outra mais recente do ano 2015 na que un dos atrancos que estamos a ter, e debido o recheo feito no momento da construcción da autoestrada, que trouxo a esta beira do monte a herba da pampa(cortaderia selloana) que estase a converter nun serio problema.

Este souto conten varios sendeiros, algún dos cales nos levan ata a antiga caseta de incendios. Outros están degradados polo paso dos vehículos a motor.

Hai algúns pés de Quercus rubra(carballo americano) e incluso, e xa perto da caseta, algún pé de liquidambar facendo corredor cara a ela.

Despois do lume do ano 2017, estanse a producir dous fenómenos na plantación, por unha banda, o castiñeiro está a gomar de cepa e, por outro, o eucalipto das tomadas próximas presenta unha colonización altísima por semente que se intentara eliminar sobre todo nas zonas próximas as pistas.

Para a recuperación so souto precisa dunha rápida actuación, consistente na retirada das varas de eucalipto chegadas tras os lumes, retirada dos pés queimados dos catiñeiros, selección dos abrochos dos castiñeiros e roza da mouteira.

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?

Fotos do proxecto