O monte veciñal de Vincios é un espazo que dende tempos inmemoriais foi sustento dos veciños da parroquia. Hoxe en día os usos vanse adaptando aos novos tempos, convertíndose en espazos que adquiren valor pola súa aportación á sociedade a través dos servizos do ecosistema. Moitos destes espazos precisan de mantementos que permitan levar a cabo os proxectos mediombientais previstos. A implicación da sociedade en xeral, ben sexa a través de particulares, asociacións, equipos deportivos, empresas, etc é de gran axuda para a consecución de tales obxectivos.
Actualmente contamos con numerosos proxectos en marcha, comocon gando vacún autóctono( raza cachena), a apicultura, as platacións de castiñeiros, a recuperación de carballeiras, a plantación de nogueiras, o proxecto lendo o monte, o Epin Macizo Rochoso do Galiñeiro, a despensa aromática ou o Bosque da Veciñanza.
PONTE EN CONTACTO CON NÓS E SEGURO QUE ATOPAMOS O XEITO DE AXUDARNOS.
ANÍMATE!!!!!