CASTIÑEIROS DOS FOROS DA RAIS QR2
Proxecto Vincios Verde

Proxecto CASTIÑEIROS DOS FOROS DA RAIS QR2

O Souto dos castiñeiros dos foros da Rais xurde no ano 2006 coa colaboración conxunta da Comunidade de Montes de Vigo, a empresa Maderas Nobles de la Sierra del Segura, a Universidade de Vigo co seu Laboratorio de Ecoloxía aplicada e a Fundación Matrix.

A intención deste proxecto de xeito resumido (máis información nos pdf adxuntos) era a transformación dun eucaliptal nunha plantación de frondosas, sendo a especie principal o catiñeiro, para a obtención de madeira de calidade.

O lume do ano 2017 queimou prácticamente a totalidade da parcela, sobrevivindo algúns pés de castiñeiro, sobreira, érbedos e bidueiras, os demáis pés de castiñeiro queimáronse pero gomaron de cepa con unha supervivencia do 99%.

A intención inicial do proxecto mudou, e hoxe en día esta plantación está integrada na franxa de protección antilumes con un carácter meramente protector.

Para a súa recuperación logo do lume fixéronse as seguintes actuacións:

- Corta de madeira queimada.

- Peche da parcela para evitar a acción do gando sobre os abrochos.

- Selección de abrochos, deixando dous por pé.

- Roza da parcela.

 

O futuro da parcela:

- Rexistro como Proxecto de Absorción de CO2 no MITECO.

- Área de formación e lecer.

- Producción silvopastoral.

SUPERFICIE PARCELA

3 Hectáreas

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?