CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
Proxecto Vincios Verde
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9
CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9

Proxecto CARBALLEIRA DO CASTRO DE XIÁN QR 9

A carballeira do Castro de Xián está situada como o seu nome indica, no lugar de Xián. Con orientación leste, estes carballos cobren o xacemento arqueolóxico do dito castro que presenta un estado moi alterado pola acción humana derivada do aproveitamento da pedra en canteiras artesanais. Este xacemento foi catalogado no ano 1979, e no estudo descríbese unha acrópole rochosa de apenas 40 metros de diámetro moi deteriorada e tamén una pequena muralla de pedra visible a trazos moi pequenos. 

No curuto do Castro pódense atopar dous alquerques (petróglifos taboleiros de xogos), moi deteriorados de orixe medieval.

Os carballos están acompañados de pés vellos de piñeiro, uces, fentos e algunha sobreira.

Os camiños, algúns difuminados, e outros pequenos carreiros,  de ascenso ao curuto, teñen unha forte pendente e non están sinalizados.

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?

Fotos do proxecto