Proxecto PIÑEIRO DOS PEREIRALES QR 7
O piñeiro do país, Pinus pinaster, sempre presentou unhas calidades e medras altas na zona coñecida como os pereirales, situada na ladeira oeste do Galiñeiro. Tras o lume e facer as cortas da madeira queimada, o rexenerado natural por semente con máis de 2000 pés por hectárea precisaba dunha actuación que foi feita no ano 2021 nunha superficie de 15 hectáreas. Esta actuación foi admitida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Cambio Climático para ser rexistrada esta plantación como o sumidoiro de CO2 VVCO2-5 Piñeiro dos Pereirales.
A mediados do ano 2021, e logo dun verán quente e moi húmido, a masa comezou a presentar síntomas de ataques de fungos como o lophodermium ou micospharella, con presencia de froitificacións dos mesmos nas acículas que amarelean da base ao ápice dos pés. Tras a valoración por parte de sanidade vexetal, decidiuse non aplicar tratamentos funxicidas e manter unha boa hixiene silvícola.
Polo medio desta masa transcorre o PRG-1, primeiro sendeiro homologado de Galicia, así como varios camiños e tramos de descenso en bicicleta de montaña que converten a esta mouteira en unha das zonas máis transitadas do monte. Na súa cara oeste está situada unha poza de abastecemento de vehículos motobomba co fin de crear as infraestruturas precisas para a contención de posibles lumes.
Máis detalles do proxecto
Retención do solo
Pinus pinaster
Banda vermella
1200 pés/ha
Produción madeireira
15 hectáreas
Eucalyptus sp
Padriño
Contacta con nós!
PIÑEIRO DOS PEREIRALES QR 7

Detalles do proxecto
Retención do solo
Pinus pinaster
Banda vermella
1200 pés/ha
Produción madeireira
15 hectáreas
Eucalyptus sp