Un dos obxectivos do proxecto Vincios Verde é mellorar a biodiversidade e crear barreiras naturais para impedir o avance dos lumes. Outro é traballar pola consecución de rendementos alternativos como poden ser os froitos, cogomelos e madeira de calidade. 

Ao longo de máis de dous quilómetros, que parten do Centro ecuestre do Galiñeiro e van rematar na área de Auga da Laxe, atopamos máis de 30 hectáreas de frondosas que abranguen os rodais da franxa de protección , O Bosque dos nen@s, , O souto dos foros da Raís e Auga da Laxe. Fóra desta continuidade podemos atopar as 4 hectáreas de nogueiras para produción de noces e a mouteira de Pedrafina, con castiñeiros e nogueiras.

Os castiñeiros representan o 70% das plantacións de frondosas e escolléronse micorrizados para potenciar un aproveitamento máis.

As nogueiras para produción son da variedade Chandler.

Se saímonos da parte leste do monte veciñal e camiñamos cara o oeste, atoparemos en Xián o castro do mesmo nome, que conserva a carballeira do monte cos exemplares máis vellos, e a carballeira da Cernada que contén unha masa de Q. robur(carballo) mesturada con exemplares de piñeiro e que foi micorrizada nun proxecto feito pola empresa Hifas de Terra no ano 2010.

Outro proxecto alternativo é a recuperación da froiteira carreñeira( Prunus sp.) que se sitúa ás beiras do comezo do PRG-1 que pasa polo noso monte.