Recuperación cereais autóctonos
Proxecto Vincios Verde

Proxecto Recuperación cereais autóctonos

A finais do ano 2020, decidiuse aproveitar a plantación de nogueiras para produción de froito, e facer un experimento sementando centeo entre as rúas a 7 x 7 metros nas que estaban plantadas as árbores. A semente trouxose dende o Piornedo, onde poidemos coñecer a un grupo de mulleres que forman a Asociación Teitos do Piornedo e que son de xeito altruista as que están a velar pola conservación dun dos máis grandes patimonios que temos en Galicia, as Pallozas dos Ancares, elementos únicos de convivencia entre humanos e animais da época prerromana.

Os Obxectivos desta plantación foron 4:

- Recuperación dun cultivo tradicional nos nosos montes anos atrás e agora perdido.

- Obter rendementos alternativos as propios da plantación facendo mais rendibel o terreno e buscando compatiilidades entre cultivos.

- Crear un espazo de divulgación e formación, con labouras tradicionais para nen@s e adultos.

- Control do matorral, principalmente fentos, toxos e silveiras, aforrando custes de roza.

Nos tempos que estamos a vivir e fundamental recuperar os terreos para un uso diversificado que permitan alimentar as xeracións vindeiras de xeito local, aforrando custos de transporte e polo tanto xerando moitas menos emisións de CO2

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?

Fotos do proxecto