Colabora con nós por un monte sostible

O monte veciñal de Vincios é un espazo que dende tempos inmemoriais foi sustento dos veciños da parroquia. Hoxe en día os usos vanse adaptando aos novos tempos, convertíndose en espazos que adquiren valor pola súa aportación á sociedade a través dos servizos do ecosistema. Moitos destes espazos precisan de mantementos que permitan levar a cabo os proxectos mediombientais previstos. A implicación da sociedade en xeral, ben sexa a través de particulares, asociacións, equipos deportivos, empresas, etc é de gran axuda para a consecución de tales obxectivos.

Anímate! Ponte en contacto con nós no ficheiro que aparece máis abaixo e contámosche como podes axudarnos!