Documental “Nuestras fiestas de allá”

10/06/2013
Documental “Nuestras fiestas de allá”

O Centro Galego de Artes da Imaxe comparte coa páxina web de Vincios un fragmento do documental ‘Nuestras fiestas de allá’.

A gravación foi financiada pola ‘Unión de Hijos de Morgadanes’ (Montevideo) cun capital aproximado de 2500 pesetas. Durante o verán de 1928, José Gil percorreu coa súa cámara os principáis escenarios e as festas máis representativas do Val Miñor.

Estreouse o 14 de marzo de 1929 no Teatro Ariel de Montevideo. Na década dos 1980 a cinta foi depositada por un asociado da Unión na Filmoteca Española. A película foi restaurada en 1999 polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.

Tamén che pode interesar

As inscripcións para comuneir@s, soci@s da AVV Galiñeiro e CD Vincios, serán gratuitas.

Email para inscripcións: manolovincios@gmail.com

Unha fermosa historia:

Flavio ( Alicante) e Levjeniia (Ucrania) traballan no espectáculo Bacanal, que estará no teatro A Fundación de Vigo ata o Domingo.

O Galiñeiro Reivindica os seus tesouros_Faro de Vigo