Documental “Nuestras fiestas de allá”

10/06/2013
Documental “Nuestras fiestas de allá”

O Centro Galego de Artes da Imaxe comparte coa páxina web de Vincios un fragmento do documental ‘Nuestras fiestas de allá’.

A gravación foi financiada pola ‘Unión de Hijos de Morgadanes’ (Montevideo) cun capital aproximado de 2500 pesetas. Durante o verán de 1928, José Gil percorreu coa súa cámara os principáis escenarios e as festas máis representativas do Val Miñor.

Estreouse o 14 de marzo de 1929 no Teatro Ariel de Montevideo. Na década dos 1980 a cinta foi depositada por un asociado da Unión na Filmoteca Española. A película foi restaurada en 1999 polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.

Tamén che pode interesar

En octubre de 2017 O Galiñeiro era devastado por la terrible ola de incendios que sufrió Galicia.

En esta publicación atopada en Londres como primeiro debuxo da Reconquista de Vigo, semella que o Galiñeiro xa estaba alí 😜!

Arranca públicamente este proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio de Vincios.