REUNION DE REPRESENTANTES DA ORGANIZACION GALEGA DE MONTES VECIÑAIS COS TRES PARTIDOS POLÍTICOS DO PARLAMENTO GALEGO

07/04/2022

Reunión cos grupos parlamentarios para unha lei que preserve os montes veciñais

  • Unha representación da Organización galega de comunidad de montes mantivo reunións no Parlamento coas tres forzas políticas con representación. 
  • Trasladaron aos grupos parlamentarios galegos a necesidade de preservar a xestión comunitaria do monte vecinal para ter un aproveitamento sostible dos recursos e que o monte non sexa pasto da industria madeireira. 

A Organización galega de comunidad de montes (ORGACCMM) mantivo contactos este mércores 6 de abril cos tres grupos parlamentarios: BNG, PSOE e PP no Parlamento Galego co gallo de acadar o respaldo parlamentario a súa iniciativa de lei sobre montes veciñais.

Unha iniciativa lexislativa que pretende preservar o carácter comunal e intransferible dos montes veciñais e que se recoñeza a propiedade comunal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma. As comunidades de montes galegas son as primeiras valedoras dun monte funcional e unha silvicultura sustentabel.

Na conversa co grupo do Bloque Nacionalista Galego púsoxe de manifesto a importancia das comunidades de montes como dinamizadoras do rural pola súa xestión democrática dos recursos. A custodia do territorio é intrínseca a autoorganización asamblearia da veciñanza comuneira.

Na posterior reunión co Partido Socialista insistiuse na necesidade de manter o carácter comunal da xestión dos montes vecñais. Neste sentido a ORGACCMM propón que se algún monte veciñal carece de poboación suficiente para xestionalo se traspase temporalmente a súa xestión á unha comunidade de montes aledaña e non se entregue sen máis a unha empresa madereira por 50 anos como pretende o Partido Popular nas súas modificacións leislativas.

No derradeiro encontro da mañá, a Organización galega de comunidad de montes reuniuse con deputados do Partido Popular. A pesar de ser a única forza política coa que hai un desencontro evidente no xeito de xestionar o monte veciñal, alomenos acadouse o compromiso por parte dos populares de contar coa ORGACCMM como principal interlocutor sectorial para a reforma da lei de montes que quere tramitar en breve o goberno da Xunta.

Despois das xuntanzas, a ORGACCMM sae máis decidida aínda a buscar o respaldo da sociedade galega para que o Parlamento tramite a ILP rexistrada por esta organización para preservar os montes veciñais e manter vivo o rural.

Tamén che pode interesar

Reunión cos grupos parlamentarios para unha lei que preserve os montes veciñais

Cartografías Sensibles xa conta cunha biblioteca na plataforma Vimeo onde almacenar tódolos videos de Vincios.

A Comunidade de Montes de Vincios entende que o gando e a peza clave para a prevención de lumes así como para a rexeneración do solo e peche do ciclo productivo.  Dende Maio do 2024, faise unha apo

O vindeiro domingo día 8 de Maio celébrase a Asemblea Xeral Ordinaria da CMVMC de Vincios. Prégase asistencia dada a importancia dos temas a tratar.