Os Irmandiños de Vincios
Detalles do proxecto
Os Irmandiños de Vincios xuntáronse no ano 2007 coa intención de divertirse tocando xuntos en furanchos e seráns. Aínda que variou o número de compoñentes, nestes momentos está formado por oito músicos que proveñen da música tradicional galega e da banda de música. O grupo contaba nun principio con dúas gaitas e percusión engadindo posteriormente o acordeón diatónico. Nos dous últimos anos incorpóranse ademais clarinete e saxo soprano. Nos seus comezos tocaban coñecidas pezas tradicionais e populares adaptadas aos instrumentos da formación. Na actualidade Os Irmandiños interpretan na súa maioría pezas propias, ás que engaden varios temas do repertorio tradicional galego.
Os Irmandiños de Vincios. Nós. web: <http://osirmandinhos.blogaliza.org/nos/>