Coro tradicional Cantares do Brión
Detalles do proxecto
O Coro Tradicional Cantares do Brión do Centro Cultural de Vincios constituíuse formalmente en marzo de 2010. Recoñécese continuador dos coros tradicionais que a finais do século XIX e comezos do XX resultaron fundamentais para o rexurdimento da cultura galega.
Entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional, asumindo aquelas palabras que Valentín Paz Andrade colocou no seu libro Galicia como tarefa: 'Témo-la obriga de manter a tradición cultural recibida, anovándoa e actualizándoa; de engrosar o seu caudal coas nosas voces, coa parcela de verdade por nós conquistada, co recendo do noso tempo... para transmitilo todo aos nosos fillos.'
Baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro e presidido por Xosé Manuel García Crego, o Coro Tradicional Cantares do Brión está integrado na actualidade por 65 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, Baixo Miño, Pontevedra ou Vigo.
No seu repertorio de pezas tradicionais e de autor destacan as pandeiradas, foliadas, maneos, muiñeiras e alalás.
Instituto de Estudos Miñoranos. II Encontro de Coros Tradicionais 'Cantares no Miñor'.Venres, 18 Xaneiro 2013 23:20. web: <http://www.minhor.org/component/content/article/39-novas/727-ii-encontr…;