Agrupación Musical de Vincios

Agrupación Musical de Vincios / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

A fundación da Agrupación Musical de Vincios data do ano 1982

Foi no ano 1979, cando Julio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde, crean a primeira escola de música da parroquia de Vincios.
Ese proxecto faise realidade no ano 1982 coa fundación da Asociación Agrupación Musical de Vincios, na que está integrada a banda de música e da que foi o seu primeiro presidente D. Néstor González Vilaboa.
A asociación está formada por máis de 300 socios os cales, coa súa aportación económica, axudan a financiar a escola de música e fan posible que esta sociedade continúe a súa andaina.
O Concerto de presentación da Banda foi o día de San Pedro do ano 1983, en Vincios, no colexio público Serra- Vincios e baixo a batuta do seu primeiro director, D. Valentín Davila Costas.
Dende o ano 2000, o director é D. Juan Luis Costas Álbarez. No programa anual de actividades complétase a participación da banda en festivais, certames do plan cultural da Deputación Provincial de Pontevedra; así como asistencias a festas e verbenas populares.
Habitualmente a banda participa nos certames provinciais organizados pola Excma. Deputación de Pontevedra e nos certames galegos organizados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, acadando diversos premios.
Na actualidade, a Agrupación Musical de Vincios conta con 75 compoñentes, dentro dos cales hai alumnos que se están a formar na Escola de Música (coa que realiza os seus propios concertos) e, ademais, un coro fundado recentemente.

Agrupación Musical de Vincios. Agrupación Musical. Web: https://sites.google.com/site/amdvincios/agrupacion

Cartografías