Alberto Meira Sociedade Deportiva

Detalles do proxecto


Nacido en Vincios en 1977, é un dos pilotos máis populares e admirados dos rallys en Galicia. Nas últimas campañas foi capaz de competir polo Campionato Galego de Rallys malia contar cun vehículo menos competitivo que o dos seus rivais.
Xa sabe o que é gañar probas do Campionato Galego de Rallys a bordo dun grupo N (fronte aos máis potentes grupo A) así como impoñerse en probas de Montaña competindo contra fórmulas e barquetas.
Na tempada 2010 está a pilotar un Mitsubishi Lancer Evo X e é o líder indiscutible do certame tras saldar con vitoria as súas dúas primeiras participacións.
Neste 2010 tamén está a destacar por ser claramente o mellor piloto dentro do trofeo 'Pirelli Driver', onde foi a referencia en todas as carreiras.
Foi dúas veces Subcampión Galego de Rallyes.
Campión Galego Grupo N (2004 e 2009)
Campión Copa Renault Clio de Galicia 2004
No seu palmarés hai vitorias e innumerables podios de Grupo N en probas do Campionato España.
Alberto Miera. Biografía. Web: < http://www.albertomeira.net/ >