Asociación Cultural Pedraghullo

Asociación Cultural Pedraghullo / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

pedraghullo.blogspot.com.es

OBXECTIVO 1: PROTEXER A SERRA DO GALIÑEIRO

Dende que nos enteramos que pretenden construir un parque eólico na Serra do Galiñeiro e analizamos as consecuencias negativas que pode traer para o noso fermoso monte, decidimos apoiar con todo o que esté nas nosas máns a 'Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro' que leva dous anos traballando a esgalla para intentar evitar que se destruian os valores da serra. Ata o de agora participamos nas duas andainas que organizou a plataforma, organizamos unha xornada de concienciación cidadán con veciños de Vincios e estamos levando a cabo unha recollida de sinaturas en contra do parque. 'Pedraghullo' non está en contra da enerxía eólica, pero si o estamos cando se pretende instalar en espazos naturais de alto valor ecolóxico. Polo tanto estamos decididos a chegar ata o final, pero necesitamos da vosa axuda para gañar esta loita.

OBXECTIVO 2: RUTA DOS MUIÑOS DE VINCIOS

Estamos limpando e acondicionando os muiños de Vincios ,o río e as súas beiras para facer unha senda fluvial que nos leve ata Gondomar a carón do río Zamáns. A idea é organizar xornadas de convivencia donde os veciños nos xuntemos para limpar e xantar e así difundir e concienciar a xente para protexer o patrimonio etnográfico e natural de Vincios, a un tempo que disfrutamos da magnífica natureza que temos na parroquia. Desta maneira pasaremos un bo rato mentres levamos a cabo unha acción solidaria co noso entorno.

OBXETIVO 3: ADOPTAR Ó RÍO ZAMÁNS - PROXECTO RÍOS

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. 'Pedraghullo' encargarase, de momento, de adoptar o percorrido do Río Zamáns, ó seu paso pola parroquia de Vincios. Dende A Fraga ata Pego Negro. En breve faremos a primeira inspección para determinar cal é o estado do noso río, e así poder protexelo dunha maneira máis científica.

OBXETIVO 4: EVENTOS MUSICAIS

Para este ano 2013 temos un par de iniciativas que nós gustaría levar a cabo, ademáis de repetir a 'NOITE DE SAN XOAN' que tanto éxito acadou o pasado ano dous eventos máis, un para por en valor a 'Ruta dos muiños' e outro para reinvidicar a parroquia de Vincios como unha das mellores fontes de músicos de toda Galiza.

Asociación Cultural Pedraghullo. Obxetivos. Web: <http://pedraghullo.blogspot.com.es/p/patrimonio-cultural.html>

Cartografías