PROXECTO PASTOREO VIRTUAL COA RAZA CACHENA

24/05/2024
NOVILLAS DE CACHENA

A Comunidade de Montes de Vincios entende que o gando e a peza clave para a prevención de lumes así como para a rexeneración do solo e peche do ciclo productivo.  Dende Maio do 2024, faise unha aposta polo gando en propiedade e pola tecnoloxía asociada ao mesmo. O obxectivo e pechar o círculo, e que o control do mato non sexa simplemente  mediante medios mecánicos, é a biodiversidade que xera de xeito natural o gando exténdase polas zonas de pastoreo.

Nesta fase inicial trouxéronse dúas vacas cachenas de 17 e 14 anos, chamadas Marisa e Laura, as dúas paridas e provintes de Forcarei, e 4 novillas dunha parroquia de Allariz, todas elas arredor dos dous anos de edade. Xa temos con nos tamén a o boi de pura raza cachena que cumplirá as labores de semental e que provén do concello de Clavos de Randín na provincia de Ourense e moi próximo á raia con Portugal, onde as cachenas toman forma da raza Barrosa.

O trato cos animais e máis en extensivo sabemos das dificultades que plantexa, polo cal implantarase un sistema con colares para facer o coñecido como pastoreo virtual, que iremos dando a coñecer proximamente. Nestes momentos estamos na fase de adestramento, fase fundamental para o bó desenrolo do pastoreo virtual.

 

Etiquetas

Tamén che pode interesar

Actos de disposición de carácter temporal de los montes vecinales en mano común

Esta fin de semana representantes da CM de Víncios estamos a participar no VII Congreso da Organización Galega de CM onde tivo lugar unha homenaxe as e os compoñentes das Xuntas Xestoras e Reitoras

O Galiñeiro Reivindica os seus tesouros_Faro de Vigo