PROXECTO PASTOREO VIRTUAL COA RAZA CACHENA

24/05/2024
NOVILLAS DE CACHENA

A Comunidade de Montes de Vincios entende que o gando e a peza clave para a prevención de lumes así como para a rexeneración do solo e peche do ciclo productivo.  Dende Maio do 2024, faise unha aposta polo gando en propiedade e pola tecnoloxía asociada ao mesmo. O obxectivo e pechar o círculo, e que o control do mato non sexa simplemente  mediante medios mecánicos, é a biodiversidade que xera de xeito natural o gando exténdase polas zonas de pastoreo.

Nesta fase inicial trouxéronse dúas vacas cachenas de 17 e 14 anos, chamadas Marisa e Laura, as dúas paridas e provintes de Forcarei, e 4 novillas dunha parroquia de Allariz, todas elas arredor dos dous anos de edade. Xa temos con nos tamén a o boi de pura raza cachena que cumplirá as labores de semental e que provén do concello de Clavos de Randín na provincia de Ourense e moi próximo á raia con Portugal, onde as cachenas toman forma da raza Barrosa.

O trato cos animais e máis en extensivo sabemos das dificultades que plantexa, polo cal implantarase un sistema con colares para facer o coñecido como pastoreo virtual, que iremos dando a coñecer proximamente. Nestes momentos estamos na fase de adestramento, fase fundamental para o bó desenrolo do pastoreo virtual.

 

Etiquetas