Ir o contido principal

Search form

Home

Main navigation

  • Inicio
  • Novas
  • Proxectos
    • Cartografías Sensibles
    • Vincios Verde
      • Casa Reitoral
      • #OMIRESDENDEONDEOMIRES
      • Control biolóxico pragas
      • Servizos do ecosistema
        • Captura de CO2 nos Montes de Vincios
          • Especies frondosas no monte
        • Gando no monte
        • Produción de madeira
      • Lendo o monte
    • Espazo Industrial
  • Media
    • Vídeos
    • Fotos
  • Biblioteca
  • Quen Son
    • Quen Son
    • A Comunidade en números
    • Obxectivos
  • Contacto
  • Usuario

O Proxecto "Cartografías Sensibles"

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro. Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar. A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

  • Actividades
  • Comunidade
  • O monte
  • Patrimonio material
  • Patrimonio inmaterial
  • Mapa

Casa rectoral

Subscribe to Casa rectoral
Casa Reitoral
http://vincios.org/wp-content/uploads/2013/05/cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_etnografia_casa_rectoral.jpg

Promotores

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios é a impulsora do proxecto Cartografías Sensibles.

Conscientes da ameaza que supón o descoñecemento dos valores da Serra do Galiñeiro, a CMVMC de Vincios aposta con este proxecto pola divulgación do patrimonio natural, arqueolóxico, etnográfico, histórico e identitario da parroquia de Vincios e os seus montes.

A Comunidade de Montes en Man Común de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Créditos

Joana Covelo Alonso
Traballo de campo, documentación e relación de contidos

Joana Covelo Alonso e Iago Valverde Pérez
Apoios e agradecementos
Aqueles que apoiaron o proxecto compartindo o seu coñecemento

Clube Espeleolóxico Maúxo
A todo o CEM na documentación das cavidades naturais, castelos e castros

Miguel García e José Bernardino Costas na documentación cavidades artificiais

Tereixa Otero no papel das cavidades naturais na sociedade campesiña

Afonso S. Rodríguez na documentación das lendas do Monte Galiñeiro

Instituto de Estudos Miñoranos
Pola súa labor no tocante á divulgación do patrimonio do Val Miñor e por telo compartido connosco

Gondomar TV
Pola traballo de documentación audiovisual que fan do concello de Gondomar e por telo compartido connosco

Asociación de Veciños ‘Galiñeiro de Vincios’
Pola recollida de imaxes antigas que fixeron no ano 1996, pola recollida de contos, cantigas e lendas e sobre todo, por telo compartido connosco

Asociación Cultural Pedraghullo
Por axudarnos na documentación dos muiños de Vincios e pola labor que fan na recuperación da ruta que permite coñecelos

Clube de Orientación da Universidade de Vigo
Por achegarnos ao mundo da orientación e axudarnos a documentalo

Clube de Montañeiros Celtas
Por achegarnos ao mundo da escalada e axudarnos a documentala Pola sua adicación

Centro Galego de Artes da Imaxe
Por deixarnos compartir con todos os veciños un anaco do documental ‘Nuestras fiestas de allá’

Paulino Otero e a Genia Quintas
Por teren compartido connosco os seus recordos

Manolo ‘O Pisco’
Por achegarnos á sua infancia e mocidade como pastor e canteiro

Israel Martínez (Asociación Pedraghullo)
Por compartir connosco os recordos da súa avoa Ángela

Tereixa Otero Dacosta
Por ternos apoiado dende o primeiro día e por achegarnos á realidade da sociedade campesiña de Vincios

Afonso Rodríguez Rodríguez
Por axudarnos a documentar os hábitats de Vincios e por compartir connosco o seu coñecemento

Carlos Vilarmino
Por achegarnos ao mundo da caza

Xosé Manuel Docampo Riveiro
Por axudarnos a documentar a apicultura

Luz Santos
Por axudarnos a documentar os proxectos da Comunidade de Montes

Silvia Pose
Por axudarnos a documentar os proxectos da Comunidade de Montes

Renáta Rudišinová
Por axudarnos a revisar o versión inglesa

Menú Xeral

Inicio
Novas
Proxectos
Media
Biblioteca
Comunidade
Contacto

Horario Oficiña

Luns a Venres. 8am 14pm

Localización

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios

Piñeiro 22, Vincios
36316 Gondomar
(Pontevedra)

Datos de contacto

(+34) 986 469 692
666 029 280
607 060 949

c.montes@vincios.org
coordinador@vincios.org

Síguenos

Aviso Legal e Política de privacidade · Política de cookies

© 2022 Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios. Todos os dereitos reservados.

Desarrollado por GaliciaDigital