Túnel da Pasax
Túnel da Pasax
/ Cartografías Sensibles
Detalles do proxecto
Ao longo duns 2 km de percorrido soterrado, o túnel comunica a conca miñorana do río que baixa de Zamáns coa do val vigués de Fragoso.
Túnel para o abastecemento de auga á cidade de Vigo, en uso, pechado e de acceso restrinxido.
En Vincios, na Pasax, no machacado punto de cruces de 'La Pasaje', construíuse a presa de captación de augas e a entrada do túnel que de Vincios leva a Vigo. Ó longo duns 2 km de percorrido soterrado, o túnel comunica a conca miñorana do río que baixa de Zamáns coa tributaria do val vigués de Fragoso. A outra boca do túnel, a saída inferior da canle de augas, ubícase no lugar do Cabaleiro, do que non concretaremos máis por manter a cautela que se lle debe a este tipo de infraestruturas.
O proxecto de 'abastecimiento general de Vigo' conseguíuno a corporación do concello vigués gracias 'a la concesión del Estado [que] se obtuvo por Orden Ministerial del 20 de agosto de 1931'.
As obras escomenzaron en 1932 coa oposición dos concellos veciños a Vigo, daquela, os de Lavadores, Mos e Gondomar. A oposición ó trasvase de áuga non só a exercen as autoridades municipais dos tres concellos mencionados, senon que tiña no movemento veciñal mobilizado dende anos atrás o seu respaldo.
O túnel foi construído a barreno, e a pico e pala dende catro frentes distintos, todos en liña recta. Dende as respectivas bocas do túnel e dende un pozo central, sito na Ghándara, con algo máis de vinte metros de fondo. O pozo resultaba xa daquela perigoso de subir e baixar pola cansa e incómoda escaleiriña de chanzos de varilla de ferro que, moi deteriorada e máis perigosa aínda, ten incrustada na parede do pozo. Este pozo central durante as obras contou con 'ascensor (...) cunha ghrua'. O entullo da obra sacouse pois por tres puntos distintos, pola grúa instalada no pozo e polas dúas bocas onde tiraba un cabaliño 'chamado Pedro'. As obras non foron nada doadas, nen seguras para os seus traballadores.
Non sabemos cando entrou en servicio este túnel de augas a Vigo. O caso e que o trasvase hidrolóxico da conca do val Miñor á cidade de Vigo potenciouse a principios da década de 1950 coa construción do embalse de Zamáns. Hoxe as augas chegan maioritariamente a Vigo dende o norte, do Oitaven, de Eiras, e as augas que ata fai 75 anos cursaran sempre as terras de Vincios, e logo río abaixo polo Miñor, suministran ainda hoxe á cidade de Vigo e o Val Miñor, que recupera pagando o que ó estado concedeu á cidade.
Actualmente o túnel está en uso e relativo bó estado de conservación. Trátase dunha ampla galería de preto de 2 km de longo cunha altura constante entre 1'75 m e 1'90 m, tendo un ancho regular de 1'70 m, todo cun forxado de formigón. A agua do trasvase vai por unha canaleta de 70 cm de alto que ocupa o lado oriental da galería.
Mide de ancho 80 cm dos que o espacio de conducción de augas ocupa 46 cm. O resto corresponde ó muro de formigón que delimita a canle. Este muro conta ademais cunha serie de contrafortes, feitos tamén en formigón, que reforzan a canle.
Paralela á vía de auga trasvasada, existe unha segunda canle tapada por losetas de formigón e que vai baixo do chan como sumidoiro.
Como xa advertimos antes, as cavidades artificiais, unha vez construídas, collen vida propia e compórtanse como as covas naturais. Neste caso destacan as formas espeleotemáticas (estalactitas, estalagmitas, columnas e coladas) de carbonato de calcio, propio da compoñente caliza do formigón que se poden ver en distintos tramos do túnel.
GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Cartografías