Repoboación con Castiñeiros en Campo Redondo
Detalles do proxecto
O obxectivo principal da repoboación é a creación dun ecosistema forestal estable de uso principalmente produtor. De forma secundaria e ao mesmo tempo desempeñará funcións protectora e social. Os obxectivos desta actuación son os seguintes:
- Aumentar a superficie ocupada por frondosas no monte veciñal de Vincios, incrementando ao mesmo tempo a biodiversidade.
- Estudar a viabilidade de produción de madeira de calidade.
- Mellorar a paisaxe.
- Diminuír o risco de propagación en caso de incendio.
- Reducir os efectos da erosión hídrica e eólica.
A vexetación que cobría o rodal antes da repoboación correspondíase con fentos e zarzas. Na actualidade son un total de 3ha de castiñeiros (Castanea x hybrida) as que cubren a superficie do Rodal 1 no lugar de Campo Redondo, extremo Noroeste da Serra do Galiñeiro.
POSE, Silvia. Proxecto de Repoboación de 3 hectáreas do M.V.M.C. de Vincios, Concello de Gondomar. Expediente: 123600 52 12007. Servizos Externos de Enxeñería, Xaneiro 2008.