Ponte Pasais

Ponte Pasais / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

<br />

Ponte de dous vans formados por un murete de cachotería rematado, na súa parte superior, por pezas de granito que sobresaen do muro e teñen un rebaixe na súa sección permitindo que as pezas que forman a plataforma queden encaixadas. Paramentos dos estribos e murete realizado sen cachotería. A plataforma está formada por lousas de granito con lonxitude do estribo ó murete, dividindo a plataforma en dous tramos. Da continuidade a un camiño de terra como acceso a prados de cultivos e pastos, cruzando o río Zamáns, no lugar de Os Muíños, entre A rocha e O Salgueiro, na parroquia de Vincios.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

Cartografías