Ponte do Muíño Gaiteiro

Ponte do Muíño Gaiteiro / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Ponte de cachotería de un só van realizado cun arco de medio punto en sillería.

Ponte de cachotería de un só van realizado cun arco de medio punto en sillería, onde destaca o gran número de dovelas ó estar estas conformadas por pezas de pequeno grosor, en relación co tamaño das pezas de cachotería. A plataforma da ponte aparece asfaltada, dándolle continuidade á estrada que une As Veiguiñas con A Rocha, cruzando o río Zamáns, na parroquia de Vincios.
Delimitando os laterais da ponte unha varanda de aceiro de pezas de sección rectangular.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar. Ficha Nº 10.09-AR

Cartografías