Ponte de Guisande
Ponte de Guisande
/ Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Ponte dun só van adintelado e realizado en cachotería, onde destacan os elementos de limite, aparecendo peitorís de escasa altura.
Dando continuidade á estrada que une Guisande e A Cernada, na parroquia de Vincios, salvando o río Zamáns. Trátase dunha ponte dun só van adintelado e realizado en cachotería, onde destacan os elementos de limite, aparecendo peitorís de escasa altura, e no tramo coincidente co van pasa a aparecer unha varanda de puntais de sección rectangular con travesaños a modo de quitamedos de sección cilíndrica.
A ponte ten un trazado rectilíneo, pavimentada a súa plataforma con asfalto.
Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar. Ficha Nº 10.08-AR
Cartografías