Petróglifos dos Bromús

Petróglifos dos Bromús / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Xacemento con dous petróglifos entre Campo Redondo e Auga da Laxe

PETRÓGLIFO 1
Trátase dun afloramento alongado, con eixos máixmos de 5’7 x 2’4 m. e cunha altura sobre o chan de uns 80 cm. A maior parte da superficie está disposta semellando un “panel” inclinado, cara ao sur, cun ángulo aproximado de 45º. Esta é a superficie na que atopamos as insculturas. O grupo está formado por 5 alabardas, cunha anchura de surco que oscila entre 3 e 5 cm. e unha profundidade tamén oscilante, entre 0’5 e 1 cm.

PETRÓGLIFO 2
Afloramento parcialmente cuberto de líquenes, e pasto natural no seu redor. Erosión natural, por mor do tipo de granito (gran grosor).

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Cartografías