Petróglifos de Peibó
Detalles do proxecto
PETRÓGLIFO 1
Petroglifo situado nun afloramento granítico de pequenas dimensións, a carón dun camiño sobre o que se eleva 1’5 metros. Na parte superior do afloramento, de forma convexa, atopamos as insculturas: tres coviñas, que oscilan entre 4 e 8 cm. de diámetro e cunha profundidade comprendida entre 0’5 e 2 cm. Un surco completa o gravado, cunha traza de arco de circunferencia e cunha anchura de 2 cm. e unha profundidade máxima de 0’5 cm.
PETRÓGLIFO 2
Afloramento granítico de 3’3 x 4 m., cunha superficie diaclasada, que se eleva sobre o chan 0’5 metros na zona sur e preto dun metro na norte, cunha suave caída cara ao sur. Os motivos gravados son coviñas e surcos, que conforman un complicado esquema; dous destes surcos dispóñense formando círculos case pechas, con medidas de 22 e 40 cm. De diámetro respectivamente. O primeiro dos surcos presenta no seu interior multitude de coviñas de reducido tamaño (2’5 cm. de diámetro e 0’5 cm. De profundidade). O segundo amosa tres coviñas de diámetro superior aos do primeiro. Xenericamente a anchura dos surcos é de 3 cm. e cunha profundidade inferior a 0’5 cm. As coviñas de maior tamaño oscilan entre 4 e 10 cm. de diámetro e entre 0’5 e 1 cm. de profundidade.
Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.