Petróglifos da Auga da Laxe

Petróglifos da Auga da Laxe / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

A Pedra das Procesións está datada na Idade de Bronce e as preto de 32 armas contabilizadas fan dela o panel ibérico máis grande de Europa
Sinónimos

Pedra das procesións

Grupo I ou Pedra das Procesións : é o máis salientable de todos os petroglifos. Na actualidade atópase nun estado de conservación lamentable, pero podemos distinguir 7 alabardas enxangadas, puñais/espadas, 8 estandartes, clasificados habitualmente como
“escutiformes”, e de problemática interpretación; todo sobre a cara inclinada dun grande afloramento granítico.
Grupo II : a escasos metros desta, atopamos unha única representación dunha alabarda enxangada.
Grupo III : tamén nas proximidades e nun afloramento de grandes dimensión, nunha das súas inclinadas caras atopamos representadas 2 alabardas enxangadas e 5 puñais/espadas, dos que unicamente unha está completa asociados a varias liñas de coviñas.
Grupo IV : na superficie inclinada dun pequeno afloramento temos representadas 7 alabardas enxangadas.
No entorno destes grupos atopamos dispersos grupos de coviñas, cazoletas e algunhas combinacións circulares, así como diversos grupos de muíños rupestres.

MÉNDAZ QUINTAS, Eduardo. Cavidades entre a idade de Bronce e o Paleolítico. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 189-210

Cartografías