Petróglifo da Raís

Petróglifo da Raís / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Tres zonas de gravados rupestres no interior das cavidades da zona, dispostos na cara inclinada dun dos penedos que configuran o abrigo

Dispostos na cara inclinada dun dos penedos que configura o abrigo, atopamos tres zonas con gravados: unha superior á dereita, onde aparecen representadas 2 cruces e un cálice, que pola temática e polas características do suco non deben ser demasiado antigas. No mesmo lado pero nun nivel inferior proseguen os gravados, por debaixo do nivel actual do chan, cun suco distinto ó anterior, onde se aprecian liñas e outros motivos menos definidos. Cara a esquerda, a unha altura similar á dos cruciformes, atopamos un grupo de motivos pouco comúns dentro do Grupo Galaico da Arte Rupestre, xa que presenta razoables parecidos coa arte dos tempos finais do Neolítico e Calcolítico en cova, tanto na Meseta coma no norte de Portugal.

MÉNDAZ QUINTAS, Eduardo. Cavidades entre a idade de Bronce e o Paleolítico. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 189-210

Cartografías