Peto de ánimas
Detalles do proxecto
A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de asegurarse a propia.
Con forma de frontón, coroado por dous pináculos nos extremos e unha cruz central, que cubre a fornela de gran tamaño, baixo un arco moi aberto e medallóns ovais ós lados.
Realizado en sillería , presenta recercados de zócalo, cornixa e pilastras nos extremos laterais. Destaca o retábulo policromado de caste aberta, tras unha cancela metálica, que o protexe.
Aparecen numerosas inscricións en todo o conxunto , como no falso arco que pecha a fornela, na parte superior, aparece inscricións en negro; na parte inferior do retábulo, a modo de cartela rectangular pódese ler un texto que referido ós camiñantes;e nos medallóns que aparecen ó lado do retábulo, onde aparecen textos con letras góticas.
Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.