Niño do Corvo

Niño do Corvo / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Entre o lugar de Xián e Figueiró atópase un baleiro baixo unha rocha, ten marcas de ser empregado por canteiros.
Sinónimos

Abrigheiro dos Cotros

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 1,5 | 0
CLASIFICACIÓN:
Cova de bloques
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de alteración
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 2003
TOPOGRAFÍA:
Pendente
ESPELEOTEMAS:
Non hai
FORMAS GRANÍTICAS:
Cacheiras

LOCALIZACIÓN
A medio camiño entre Xián e Figueiró, próximos a Chandebrito, destaca sobre vella chan, o alto Niño do Corvo. No crestón surocciental, afectado no século XX por traballos de cantería artesanal, un pequeno lugar baixo pedra que perdura precisamente por terlles servido ós canteiros de abrigheiro.

DESCRICIÓN
Pequeno abrigueiro orixinado pola caída dun bloque pétreo.
O que fai de teito presenta unha pequena cacheira.

ARQUEOLOXÍA
A escasos metros da pequena cova hai outra rocha que ten na súa superficie o gravado dun taboleiro reticulado. A rocha e o propio petroglifo están afectados pola cantería artesanal. Este petroglifo, inédito ata agora, densifica os abundantes datos coñecidos sobre a romanización desta parte do país.

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 53

Cartografías