A Mina de Chuco
A Mina de Chuco
/ Cartografías Sensibles
Detalles do proxecto
Con 43 m de fondo, a mina permitía aproveitar ó máximo as augas nos meses do verán nos que non chovía suficiente
Mina de auga que dá servizo particular á Casa de Chuco. A entrada da mina tamén se usa como Cuberto do Carro. Nas inmediacións, xa fronte das casas de Sernade, existían outras dúas cavidades artificiais máis pequenas, hoxe desaparecidas, de planta rectangular ás que tamén se lles chamaba Cubertos xa que tiñan o mesmo uso para gardar o carro da inclemencia do tempo. Desparecidas estas polo seu abandono e polo desanche do camiño, queda só o espacio soterrado que a continuación describimos.
Trátase dunha galería de pouco máis de 43 m de fondo, incluíndo o sector do Cuberto do Carro. Este ocupa os primeiros 4'35 m da galería, cun ancho de 1'50 m e unha altura de 1'47 m. Despois deste primeiro tramo, existe un resalte que baixa 1'35 m para continuar a galería cara o interior do manancial cun ancho medio de 0'50 metros, con pequenas osciacións debidas ós derrumbes do xabre; a altura media da galería é de 1'60 m chegándose ós 3'70 m polas mesmas causas. No fondo da mina existe un pequeno tubo de captación, perforando a rocha, polo que sae a auga e se embalsa esta nunha pequena presa anexa; así, hoxe, a auga canalízase por medio dun tubo de polietileno para darlle servizo á casa.
A historia da mina (construída polo actual dono, o seu irmán e máis seu pai na década dos anos 40) debeuse a que daquela 'non había ághua'. Pola nosa parte, coidamos que esa escaseza de auga en Xian, notouse neses anos de postguerra debido á construción do Túnel da Pasax.
GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 99-100

Cartografías