As Ghallas
Detalles do proxecto
As Jallas, O Ollo de Mar, A Ghalla do Pico da Lúa Chea
Trátase dunha fisura aberta de eixo N40°E que presenta unhas dimensións considerables para o tipo de cova que é.
A cova xenerouse como consecuencia do movemento de varios bloques afectados por discontinuidades paralelas á vertente, e que orixinaron un escalonamento e remexido ao desliza-los bloques sobre un plano de discontinuidade subhorizontal a favor da encosta.
A cavidade presenta formas de alteración nas paredes verticais.
ARQUEOLOXÍA
Forma parte do lugar histórico e xacemento arqueolóxico da Fortaleza do Galiñeiro, tamén chamada Castro do Galiñeiro.
Inmediata por fóra á muralla oeste do recinto fortificado, a cavidade resulta ser un punto de observación e control visual camuflado inmellorable sobre Vincios.
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 70-72