Cruceiro en finca nos Casás

Cruceiro en finca nos Casás / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Os cruceiros son xenuínas manifestacións da arquitectura popular galega. A longa cruz adoita estar asentada sobre unha plataforma e normalmente están situadas en cruces de camiños, límites de parroquias ou adros de igrexas.

Sobre unha plataforma de cachotería de alzado triangular, salvando a irregularidade da rocha sobre a que se asenta o cruceiro. Sobre un pedestal de sección cadrada moi esvelto e alto, a modo de fuste, sobre o cal se asenta o fuste propio que forma parte do pé da cruz, formado por diferentes pezas moi erosionadas e coroado por unha cruz de grandes dimensión referida á conxunto.
Aparece unha talla de Cristo de trazas moi arcaicas ó igual que o resto do cruceiro, ó que tamén colabora a erosión das pezas. O conxunto sitúase nun outeiro no lugar de Os Casas, preto da estrada que une Os Arcos e O Foxo, na parroquia de Vincios

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

Cartografías