Cruceiro da Capela de Santa Lucía

Cruceiro da Capela de Santa Lucía / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Os cruceiros son xenuínas manifestacións da arquitectura popular galega. A longa cruz adoita estar asentada sobre unha plataforma e normalmente están situadas en cruces de camiños, límites de parroquias ou adros de igrexas

Cruceiro sobre unha plataforma de planta cadrada e dous chanzos, aparecendo unha diferencia de altura entre os chanzos, quedando o inferior sen case tabica, estando practicamente arras de chan.
Sobre un pedestal de sección cadrada e cantos superiores desgastados e redondeados pola erosión, onde se asenta un fuste de sección cadrangular, transformándose no tramo superior en cantos achaflanados e redondeadas, aparecendo unhas bolas como elemento decorativo.Con capitel de esfera esmagada e coroando o conxunto unha cruz de sección cadrada e cantos achaflanados cun pé de case inexistente.
Sitúase no adro da capela de Santa Lucía , na súa parte posterior, a carón dun camiño que une o lugar de Hervillás co C.I.P. Serra de Vincios, na parroquia de Vincios.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

Cartografías