Cemiterio parroquial e Capela
Detalles do proxecto
Cemiterio de planta rectangular, pechado por un muro de cachotería careada de grandes pezas, que presenta recercado a modo de pilastras, nas súas esquinas e no remate superior do muro de peche, por riba do cal sobresaen os muros das traseiras dos panteóns.
O cemiterio presenta un espacio axardinado no seu interior, cunha ringleira de cruces disposta sen liña recta. No centro deste espacio axardinado destaca unha pequena capela dunha soa nave de muros de cachotería deixando á vista os recercados dos ocos, zócalos e cornixa, e revestindo o resto do muro. Na súa fachada principal presenta un tímpano , coroado por unha espadana dun só van coroada por un tímpano circular e unha cruz. Remata a fachada lateralmente un pináculo en cada esquina.
Destaca tamén do muro de peche do perímetro o van de acceso cun dintel tallado de forma de arco e coroado por unha cruz de sección rectangular, cun banco de pedra encostados a cada lado do van.
O cemiterio sitúase enfronte da Capela de Santa Lucía, próximo ó C.P.I. Serra de Vincios, nun camiño que une o lugar de Outeiro con Os Nandins, na parroquia de Vincios.
Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar. Ficha Nº 10.02-AR