Castro de Mendes

Castro de Mendes / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

O nome non fai referencia a un poboado castrexo. Trátase dun conxunto de petroglifos gravados polas rochas do coto

A diferencia dos anteriores dous castros de Vincios, o topónimo deste lugar de Xián –“Castro Méndez”- non semella facer referencia a un poboado castrexo70. O que si existe en Castro Mendes é un variado e curioso grupo de petroglifos gravados polas rochas do coto71. Así, resulta que Castro Mendes si foi frecuentado e/ou ocupado no pasado, ainda que non en tempos castrexos. Ademais, foino en alomenos dous momentos distintos.
Un dos petroglifos situado no cumio do lugar é claramente un taboleiro gravado para algunha variante do xogo de estratexia coñecido en Roma como ludus latrunculorum, o xogo dos ladronciños, 'denominación dada a los peones o fichas que robaban las del contrario y que se jugaría sobre las intersecciones de las líneas, combinando la alineación de las fichas, los saltos para comer fichas y las tiradas de dados72.
Por unha inscripción latina asociada a un taboleiro similar existente no Castro de Morade (Baíña, Baiona) dátanse entre os séculos I e o III da nosa era. Estaríamos, pois, ante un lugar frecuentado en tempos galaico-romanos. Ó respecto, outros petroglifos deste lugar poderían ratificar este momento protohistórico.
Algúns outros petroglifos de Castro Mendes apuntan épocas prehistóricas. Un pequeno abrigheiro natural, nin sequera por nós catalogado como cavidade, completa o interese rupestre deste lugar de Vincios.

GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Cavidades, Castelos e Castros. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 165-187

Cartografías