Casa da Música

Casa da Música / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

A Casa da Música é a sede da Agrupación Musical de Vincios. Nela fórmase aos músicos da Banda de Música, da Big Band, da Banda Escola ou do Coro.
O EDIFICIO:
Construción con planta en forma de L en dous andares e cuberta a catro augas con acabado en tellas curvas.Realizada en muros de cachotería con encintado coroando os muros unha cornixa moldurada sobre a que sobresae a cuberta a modo de pequeno alero. Con ocos rectangulares, presentando nunha das súas fachadas laterais cara o patio da propiedade, un acceso con arco semicircular de dovelas rematadas na mesma altura. Na fachada cara a estrada presenta ocos rectangulares con tornachuvias e alfeizar que sobresaen do plano de fachada e forman unha franxa horizontal que une todos os ocos.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

O edificio foi reformado recentemente co obxectivo de satisfacer as necesitades acústicas e de espacio demandadas polos usuarios da escola. Dotouse ademáis cun parque biosaludable accesible ao público nos horarios de actividade da Escola de Música
Cartografías