Banco de Terras
Detalles do proxecto
O gando mantén o control do mato e axuda ó desenvolvemento da economía local.
O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co que se pretende regular o uso e aproveitamento de fincas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais,de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.
A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.
SINTEGAL Xunta de Galicia. Inicio SINTEGAL. http://www.bantegal.com/sitegal/FirstPage.do