Proxecto APIARIO CM DE VINCIOS
Xá en tempos do catastro do Marqués da Ensenada, nos montes de Vincios recollíase a apicultura como parte dos aproveitamentos da parroquia. Non estamos a descubrir nada novo se falamos da importancia das abellas no mantemento da biodiversidade ou o seu valor dende o punto de vista económico.
A comunidade de montes de Vincios sempre tivo no seu horizonte o ter apiarios, e dende o ano 2023 xa e unha realidade. Comezouse con 10 colmeas e un apiario, e logo dun ano, e gracias á xestión de Bruno, dobráronse ata as 20 actuais e xa contamos con dous apiarios. Neste momento non é obxectivo a produción de mel, e estamos centrados na consolidación dos apiarios e aumentar o número delas partillando as colmeas. Estes apiarios están situados en lugares afastados, lonxe de contaminacións directas.
A pesar diso xa se obtiveron as primeiras mostras de mel, chamada " Mel do Galiñeiro". A falla de facer analíticas, a nosa mel será mel de castiñeiro e eucalipto, con trazas de silveira, uces, xestas ou toxos, entre outras flores menos relevantes. Para que o castiñeiro sexa relevante na composición da mel, a CM vén facendo un plan de conservación e aumento da superficie de castiñeiros en máis de 35 hectáreas próximas aos apiarios.
Outro obxectivo da CM é dar a posibilidade de coñecer o mundo das abellas aos colexios para o cal a CM adquiriu recentemente unha colmea de observación.
Máis detalles do proxecto
Padriño
APIARIO CM DE VINCIOS