TFG : VALOR SOCIAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS
Proxecto Vincios Verde
Xavier M. Cobas e Lara Otero no seminario da fundación Isla Couto na UVigo
TFG : VALOR SOCIAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS

Proxecto TFG : VALOR SOCIAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS

No outono do ano 2023, logo dun ano de traballo, moitas entrevistas con usuarios do monte de Vincios, enquisas e investigacións, rematouse o traballo de fin de grado de Lara Otero no que se desenrolou a Contabilidade Social da CM de Vincios. Este traballo foi tutorado polo profesor da facultade de económicas da UVigo, Xavier Martínez Cobas, e a colaboración da CM de Vincios.

Do mesmo xeito que moitos dos montes veciñais de Galicia, a CM de Vincios aporta á sociedade moitos dos servizos do ecosistema que esta precisa. Non é algo novo, é algo que vén sendo así dende sempre. Os tempos mudan, e as necesidades que as persoas demandan dos montes veciñais mudan tamén, pero se cadra, son aínda máis importantes dada a demanda de espazos naturais que a xente que vive en entornos urbanos precisa. 

Sorprende ver como a pesares de todas estas aportacións, o papel das CCMM non e recoñecido nen coñecido socialmente, creándose un marco de confusión, as veces interesado. Este traballo vén a poñer números a valores ambientais e sociais que emanan das comunidades de montes. Queda moito por facer, e dende a humildade dun traballo de fin de grado, pretende ser unha aportación máis para a análise dunha situación que non pode agardar máis no tempo. A este traballo estanse a sumar fundacións como , Isla Couto ou Juana de Vega, que están a poñer en marcha un Observatorio de montes veciñais e baldíos que permitan afondar máis nestas cuestións e nas que están a participar diferentes entes e asociacións do monte galego coa finalidade clara da súa posta en valor.

A CM deVincios quere agradecer a Lara Otero o seu interese e traballo neste proxecto e a Xavier Martínez Covas a súa implicación.

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?