Bosque de Ribeira

Bosque de Ribeira / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

Arredor dos numerososregatos e ríos que discorren por Vincios, existe un rico e complexo bosque de ribeira no que destacan por igual a flora e a fauna.

FLORA:
A ribeira dos cursos fluviais é o medio idóneo para que árbores como o ameneiro (Alnus glutinosa), o bidueiro (Betula alba), a abeleira (Corylus avellana), ou os salgueiros (Salix atrocinerea) medren como especies dominantes. No substrato herbáceo están presentes: varias especies de fentos como o fento femia (Athyrium filix-femina), blechno (Blechnum spicant) ou o dentabrú (Osmunda regalis), as silveiras (Rubus spp), a abelairiña (Saxifraga spathularis), o freixo (Salix atrocinerea), o mallo (Narcissus cyclamineus) e outras especies de plantas herbáceas menos coñecidas (Carex acuta, Epilobium obscurum, Molinia caerulea).

FAUNA:
Os anfibios como o pintafontes común, o sapo común, a ra verde (Rana perezi), a ra patilonga (Rana ibérica) e a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) ocupan as beiras. A cobra de colar (Natrix natrix) e cobra viperina (N. maura) comen as larvas dos anfibios mergullándose nos regatos e o lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) vixía dende a marxe máis soleada. Nas aves existe unha maior variedade que no resto dos grupos animais, así poderemos ver ao pincaouro (Carduelisspinus), a ocasional presenza do picapeixe (Alcedo atthis), o merlo azul (Monticola solitarius) e outros paxaros: verderolo, xirín e ferreiriño. Para as avesrapaces como o miñato (Buteo buteo) e o gabián (Accipiter nissus) o bosque de ribeira é unha boa zona de cría e alimentación, ao igual que para os mamíferos como o furaño común (Crocidura russula), o tourón (Mustela putorius), e o teixugo (Meles meles).

A lontra (Luttra luttra) está presente tamén neste tipo de hábitat, mais no río Zamáns ocupa cursos máis baixos, outro mustélido, neste caso o visón americano (Mustela vison) atópase entre a fauna bioinvasora debido á presenza de exemplares cimarróns procedentes das granxas nas cercanías.

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 - 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Cartografías