Coto do Castelo

Coto do Castelo / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

<br />

Xacemento localizado na parte superior dun enorme batolito granítico, a modo de outeiro. A parte superior presenta unha superficie irregular, pero bastante horizontal e escalonada. Presenta unha forma alongada en dirección NO-SE, cunha lonxitude de 18 m. e un ancho variable, que ronda os 9 m. Ten abruptos escarpes en todo o seu perímetro, como mostra visible das boas defensas naturais que posúe o enclave. Non se apreza ningún posible acceso a el. Algunhas rochas presentan rebaixes de diferente tipo: no extremo NO poderían estar vencellados con algún armazón de madeira; outros quizais servisen para encaixar pedra. Destaca o existente na parte central do outerio, a modo de chanzo,que permite o tránsito entre as pedras. Os restos cerámicos son bastante abundantes, tratándose de restos de tella curva (árabe ou do país) e vasilas.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Cartografías